viernes, 4 de noviembre de 2011

Manifesto

QUEQUERES? preguntabame Clariña cando empezaba a falar e ía a bañala, ela quería levar un xoguete que a acompañase no baño, non podíamos ir sen nada, isto é ao máximo que podo aspirar, a que os poucos artefactos que leven este logo lle sirvan aos compradores para facelos un pouquiño máis felices, ou en calquera caso, que por momentos, aínda que sexan poucos, lles sexan necesarios, tamén no baño, ou no coche, ou na cama. Por outra parte, este é un proxectiño, xeitoso, de pequeno tamaño, pero feito con cariño, sen aspiracións crematísticas, pero si artísticas, espero estar sempre convencido de que o que ofreza me goste, igual que cando regalo.
Grazas por prestarlle atención.

1 comentario:

  1. Parabéns pola vosa (tua) andaina. Agardo que se atope chea de éxitos. Apertas.

    ResponderEliminar